Panadería Darío é unha panadería ao estilo tradicional de Taboada, onde ten o seu forno de leña e un despacho, ademais ten outros tres despachos na cidade de Lugo.
Ata hai uns anos, nos despachos traballaban tamén ao estilo tradicional, cunha caixa rexistradora en cada un deles. En cada compra tiñan que teclear o prezo de cada artigo, e ao final do día pechar a caixa polas “contas da avoa”.
O noso traballo consistiu en buscar a maneira de facilitarlles o traballo no día a día. Propuxémoslle a instalación dun TPV Táctil en cada un dos despachos, conectados con facturascripts. Deste xeito, teñen os produtos metidos, e a un só toque de pantalla inclúese no ticket de venta.
Ademais da mellora no día a día dos despachos aportoulles unha mellora na xestión, puidendo centralizar non só os peches de caixa, senón, os informes de ventas, de estocaxe, etc.
