Estes días vimos de publicar e presentar o novo portal web institucional do Colexio Franciscanos de Lugo.
O noso traballo consistiu en actualizar o portal a partir do que tiñan e que precisaba dunha posta a punto.
Do portal anterior aproveitamos o deseño e adaptamos unha plantilla en WordPress actualizada coas melloras que valoramos entre os equipos de traballos de Ítaca e o Colexio. Obtivemos o resultado que podedes ver na galería da dereita ou visitando o seu sitio web: www.colexiofranciscanoslugo.gal
Como particularidades salientar que neste sitio empregamos por primeira vez dous plugins que non coñecíamos: un para cumprir coa LOPD e a xestión das cookies e outro para publicar xanelas tipo popup que permitan destacar campañas concretas -como a de matriculación na que están inmersos nestes momentos-
Xa para rematar esta breve reseña queremos agradecer á dirección do centro, Ruben Díaz, e ao seu equipo a confianza posta en nós e os desexos de que este portal teña un longo percorrido e sexa moi frutífero para o Colexio.
Pola nosa parta agardamos que vos guste o traballo feito e lembramos que un portal web nunca se debe dar por rematado.