Yolanda Sánchez

Socia
Instagram

Biografía

Son de Escairón, un pobo situado na espectacular Ribeira Sacra, cando finalicei no instituto víñenme para a Coruña a estudar a carreira e aquí quedeime. Casei con Juan, un dos socios fundadores de Ítaca, e temos dúas fillas e un fillo. Unha das funcións que desenvolvo en Ítaca, é a xestión e administración empresarial da cooperativa. Ademais son responsable da consultoría e implementación de programas ERP (Enterprise Resource Planning – Planificación de Recursos Empresariais) noutras empresas, tendo unha ampla experiencia e un recorrido de máis de 12 anos, tratando con PEMES de diversos ámbitos. Neste proceso é tan importante a consultoría en si como a implementación e posterior formación para o éxito dos proxectos. Ademais da experiencia adquirida tamén teño que estar en formación continua, posto que o ámbito da administración e xestión empresarial está en continuo cambio.

Cronología

1996 – 2002 Estudio Licenciatura en CC Económicas y Empresariales en A Coruña.

2003- Traballo como técnica do programa Padre para Facenda.
2007 – Presente
Socia de Ítaca.