
Asesoramento e consultoría
Ao longo dos anos temos traballamos con diversas tecnoloxías
Podemos poñerte en contacto con outras empresas
O noso compromiso é que todo saia ben.
O que podemos facer.
Explicarche o que necesitas
Moitas veces recorres a Ítaca demandando un servizo que non podemos ofrecer. Non pasa nada, é moi posible que poidamos darche algunha orientación inicial. Por falar non perdes nada.
A experiencia é un grao
Ao longo destos anos temos coñecido a moitas empresas e moitos clientes que igual te poden axudar. Poucas cousas son tan satisfactorias para nós como poñer en contacto a dous clientes nosos.
Podemos analizar as túas necesidades
Contamos con perfís variados que abranguen dende a inxenería informática ata as humanidades. Cada un de nós aporta un punto de vista diferente pero complementario ante un problema.
Acompañamemento
Podemos acompañarte no proceso de contratación dun servizo, asistindo a reunións, facendo de interlocutor pero sempre manterás o control sobre o proxecto.
Transparencia
Nada disto tería sentido se non somos transparentes. Tes que saber en todo momento cal é o noso papel, o que te vai a supoñer a nosa intermediación e que non temos ningún outro interese.