Estos días vimos de publicar o novos sitio web do Sindicato Independente e Profesional de Profesores de Relixión de Galicia, SIPPREGA.
Hai xa uns cantos anos lles fixeramos a web e vimos de renovala completamente. Como é habitual nos últimos sitios empregamos WordPress cunha plantilla profesion á que lle adaptamos as cores, tipografía e logo para que non perda a armonía en ningún elemento.
Entre outros o sitio conta cun carrousel a imaxe completa, sección de artigos ou novidades e repositorio de lexislación, ademáis das seccións habituais de carácter institucional. Tamén implementamos un formulario compleeto para que as persoas que o desexen poidan cumplimentar a ficha de inscripción con todo os datos necesarios sen necesidad de ter que imprimila.
Agardamos como resultado a ver obtido unha web sinxela, moderna, visualmente atractiva e que cumpra os obxectivos comunicativos da organización.
Paralelamente ao deseño da web tamén nos encargamos da renovación do logo, a súa tradución ao galego e a conversión en formato vectorial para usalo en diferentes proxectos.